Pleno.- PSOE e BNG piden ao PP que non use o galego como "arma arroxadiza" nin alente "confusións" sobre o bilingüismo

Actualizado: martes, 6 junio 2006 22:45

Os populares acusan aos nacionalistas de sufrir "esquizofrenia situacional" en materia de lingua

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Jun. (EUROPA PRESS) -

PSdeG e BNG reclamaronlle hoxe ao PPdeG que non utilice a lingua como "arma arroxadiza" nin alente "confusións interesadas e perversas" sobre o "bilingüismo harmónico" e pedironlle "consenso" para impulsar o uso e defensa do galego.

Durante o debate dunha moción popular sobre o Plano de Normalización Lingüísta, o deputado do PSdeG Francisco Cerviño acusou ao PPdeG de "trivializar e frivolizar" co idioma galego e suliñou que a Secretaria Xeral de Política Lingüística e toda a Xunta "cumplen" coas suas obrigas en materia de normalización, aínda que lembrou que a "herdanza" dos gobernos populares foi de "perda constante de falantes".

Por iso, instou a esta formación política a que non utilice o idioma coma unha "arma arroxadiza" nin que "xogue con ela". Deste xeito, avogou por un "amplo consenso" entre as tres forzas parlamentarios para chegar a un "pacto pola lingua". Tamén o deputado do BNG Bieito Lobeira acusou ao PPdeG de "negar" a existencia dun conflicto lingüístico en Galicia e suliñou que "non existe igualdade" entre o galego e o español.

Deste xeito, aclarou que en Galicia hay dous idiomas; un de instalación e outro de relación. "O meu idioma de relación é o galego pero tamén utilizo o español, os dialectos de transilvania, swahili ou arameo", bromeou. Por elo, reclamou que esta lexislatura sexa a do cumplimento da Lei de Normalización Lingüística e a do "avance na consciencia social galega".

"CONFLICTOS"

A deputada do PPdeG Manuela López Besteiro lembrou que en case un ano de goberno houbo xa "varios conflictos" entre socialistas e nacionalistas a conta do galego. "Nós non fomos os que en 20 ocasións criticamos o papel de Política Lingüística, nin pedimos conta a Touriño sobre o traballo da súa secretaria, nin fixemos manifestación", salientou en alusión ao BNG.

Así, acusou aos nacionalistas de sufrir "esquizofrenia situacional" en materia de lingua e criticou que "lles guste estar á mesma vez no goberno e na oposición". Do mesmo xeito, lembrou que non coñece a ningún neno que se chame 'Kevin Costner de Todos los Santos' tal e como denunciou o BNG. "De ser así, tampouco pasaría nada porque non hai que criminalizar os nenos por como se chamen", engadiu.

Socialistas e nacionalistas votaron en contra dunha moción popular que reclamaba a presentación no próximo periodo de sesións, por parte da Xunta, da programación do Plano Xeral de Normalización Lingüística para os anos 2006 e 2007. O PPdeG tamén pedía á Consellería de Presidencia que garantice a coordinación das acción de promoción da lingua, así como as evaluacións do debandito plano.

Asemade, PSdeG e BNG votaron en contra doutra moción do PPdeG que reclamaba a instalación das dotacións tecnolóxicas "necesarias" para a atención en oncoloxía radioterápica en Ourense e Lugo, así como a implantación dunha unidade de hemodinámica no novo hospital en Lugo e un laboratorio de hemodinámica no de Ourense, "antes da finalización de 2007".