Pontevedra acolle a sétima edición teatral de Domingos do Principal que reúne a compañías do estado español e Portugal

Actualizado: domingo, 15 enero 2006 14:58

PONTEVEDRA, 15 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Teatro Principal de Pontevedra acolle dende hoxe a sétima edición da programación teatral 'Domingos no Principal' no que participarán un total de 11 compañías do estado español e Portugal nunha selección dos "mellores" espectáculos para público familiar.

O ciclo de representacións terá lugar ao longo de once domingos nos que se ofrecerán actividades teatrais "variadas e de calidade" destindas a un público de todas as idades, segundo indicou a coordinadora do evento, a compañía Teatro Akatro, nun comunicado.

Así, este acto inaugurarase cun espectáculo baixo o nome 'La vuelta al mundo en 80 cajas', a cargo da compañía Markeliñe teatro. Esta obra, foi recibiu diversos premios na Feira Europea de Teatro para Nenos Feten 1998 e chegou como finalista nos premios MAX 2000 na categoría de mellor espectáculo de teatro infantil de España.

O espectáculo constitúe unha actuación muda no que os actores co xesto e a mímica trasladan ao espectador ao longo do mundo. Nun almacén, tres personaxes traballan para ordenadar caixas, pero rematan viaxando e soñando sen saír do almacén ao desordenalas no canto de poñelas no seu lugar.