Profesores da USC porán en marcha un programa de formación e soporte emocional para coidadores de maiores dependentes

Actualizado: domingo, 26 febrero 2006 19:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Feb. (EUROPA PRESS) - Profesores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) porán en marcha un programa de formación e soporte emocional para coidadores de maiores dependentes, froito do convenio existente entre a institución e Mapfre-Quavitae.

Este programa presentarase o vindeiro mércores, 1 de marzo, ás 17.00 horas no Centro de Maiores San Lázaro, no Estadio de San Lázaro, nunha charla aberta a todas as persoas interesadas no coidado e atención de maiores, no que participarán o profesor da USC Manuel Gandoy Crego e o director do Centro, Jesús Guzmán Cortegoso.

O programa, que se desenvolverá a través de sesións semanais dunha hora e media de duración, pretende constituir unha fonte práctica de información, formación e apoio para os coidadores de maiores.