O programa Curtocircuito na Rúa proxectará hoxe en Santiago unha selección das mellores curtas galegas

Actualizado: jueves, 24 agosto 2006 12:14

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Ago. (EUROPA PRESS) -

O programa Curtocircuito na Rúa proxectará hoxe unha retrospectiva das mellores curtas de directores e realizadores galegos na Praza de Abastos de Santiago de Compostela, ás 22.00 horas. Esta será a sexta proxección de cinema en curto na rúa que se ven realizando os xoves e que acadaron xa preto de 3.000 espectadores.

A noite abrirase coa actuación da banda Jordanairs e logo proxectarase a curta 'O Matachin', de Jorge Coira, que narra unha historia de narcotráfico. Outra das curtas que se verán hoxe en Compostela será a comedia 'Inútil' de Paco Rañal, unha filmación de 20 minutos onde se contan as peripecias dun estudiante.

Ademais proxectaranse as 'Isolina do Courel', de Chema Gagino; 'A Mercería', de Marise Brostel; 'O Camiño das Estrelas', de Chano Piñeiro ou 'Globo', unha curta de Álex Valle.