O reitor da USC convértese no primero dunha universidade galega en abrir un 'blog'

Actualizado: jueves, 6 abril 2006 21:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Abr. (EUROPA PRESS) -

O candidato a reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Senén Barro, inaugurou hoxe un novo 'blog' no enderezo www.senenbarro.org/blog, a través do que pretende presentar á comunidade universitaria á súa candidatura e as súas propostas para os próximos catro anos na institución académica, converténdose no primeiro dirixente dunha universidade en abrir un.

A nova bitácora nace coa vocación de acadar "unha maior transparencia" e comunicación na USC. Por este motivo, o 'blog' de Senén Barro "non será un instrumento de comunicación unidireccional" onde o candidato informe sobre as súas propostas, senón que aporta a posibilidade de incluír comentarios dos internautas.

A bitácora será, en definitiva, segundo indicou o seu equipo, un medio de interactividade entre o candidato e a comunidade universitaria "co fin de establecer debates constructivos na blogosfera".