Sarria (Lugo) celebra o vindeiro sábado a súa XXXVI edición da Noite Meiga, adicada aos nenos

Actualizado: domingo, 20 agosto 2006 15:29

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos celebrará o vindeiro sábado na localidade lucense de Sarria a súa XXXVI edición da Noite Meiga, adicada aos nenos, polo que será pregoeira a escritora e editora Marisa Folla.

Nesa noite tamén farase entrega do premio XXXII Bienal de Arte Galega e XVII de Pintura, mentres que nos días previos organizaranse outras actividades vencelladas a este acto.

Así, entre mañá e o vindeiro 27 de agosto o Museo das Meigas e Trasgos acollerá unha exposición da editorial OQO e dende o martes e ata o venres desenvolveranse actividades para os nenos, como obradoiros, contacontos ou títeres.