Senén Barro avalía con decanos e directores de centro á adaptación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior

Actualizado: lunes, 17 julio 2006 20:43

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 17 Jul. (EUROPA PRESS) -

O reitor da Universidade de Santiago (USC), Senén Barro, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza cos decanos e directores de centro dos dous campus na que avaliaron temas relativos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) e os criterios para a aprobación de Programas Oficiais de Posgrao a implantar no curso 2007-2008.

Estes criterios foron debatidos na reunión e logo serán sometidos á consideración do Consello de Goberno da USC. Na xuntanza, xunto co reitor, participaron tamén o vicerreitor de Oferta Docente e Espazo Europeo de Educación Superior, Máximo Plo; o de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto; e o vicerreitor adxunto de Oferta e Xestión Académica, Javier Bueno.

O reitor informou aos decanos e directores de centro da universidade da comparencia do secretario de Estado de Universidades e Investigación diante da Comisión Académica do Consejo de Coordinación Universitaria o día 5 de xullo de 2006, na que, respecto á reforma da LOU, anunciou a aprobación do texto de anteproxecto de lei, actualmente sometido a informe do Consello de Estado, que será debatido nas Cortes no mes de setembro.

Nese mesmo mes, segundo o secretario de Estado, farase a presentación e debate dun informe sobre a adaptación metodolóxica ao Espazo Europeo de Educación Superior, lembrou Barro.

Neste mesmo senso, e en relación ao deseño dos título de grao, producirase, sinalou o reitor compostelán, unha reorientación creando un rexistro dinámico de títulos, tendo estes unha carga lectiva de 240 créditos ECTS.