Traballo e Sargadelos asinan un convenio para potenciar a inserción laboral das mulleres a través da formación

Actualizado: lunes, 13 marzo 2006 22:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Mar. (EUROPA PRESS) - Cervo

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o presidente de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo, asinaron hoxe en Cervo (Lugo) un convenio de colaboración para o desenvolvemento de actividades formativas destinadas a favorecer a inserción laboral das mulleres, así como manifestar o seu compromiso a prol da igualdade de oportunidades entre as mulleres e os homes no acceso ao emprego.

Ricardo Varela sinalou que Sargadelos é "unha empresa exemplar" na aposta pola estabilidade, xa que un 72 % do cadro de persoal son mulleres e a taxa de estabilidade é do 99,2%. Asemade, reforzou a aporta da Xunta por "erradicar calquera tipo de discriminación por razóns de xénero".

Ao seu xuízo, Sargadelos constitúe "un exemplo de que as políticas de igualdade de xénero poden levarse á práctica e todo elo dentro dunha idea de apostar pola estabilidade".

Os obxectivos deste convenio son facilitar o acceso á formación necesaria que permita que as mulleres se introduzan na empresa en condicións óptimas, así como a actualización da capacitación profesional das traballadoras e traballadores da empresa. Por outro lado, establecer as medidas de acción positiva que permitan que dita incorporación se acompañe de verdadeiras posibilidades de permanencia, promoción e estabilidade.

ARBITRAXE

Por otra banda, o titular de Traballo e o alcalde de Viveiro (Lugo), Melchor Roel, asinaron tamén hoxe un protocolo de colaboración para a reimplantación do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) na Costa Lucense.

Varela lembrou que o traballo do SMAC entre 1999 e 2002 na Mariña Lucense revelouse "altamente satisfactoria, cun notable incremento de conciliacións celebradas". Por isto, criticou que a esa experiencia, pese a funcionar, "púxoselle fin de xeito unilateral, inexplicable e sen unha base obxectiva que xustificase a súa retirada".

O obxectivo deste convenio é facilitar aos traballadores e ás empresas da Mariña o acceso aos sistemas de solución extraxudicial de conflictos, xa que, segundo Varela "canto máis preto estean os mecanismos de solución á realidade do problema, máis efectivas se revelan as posibles avenencias".