29 de marzo de 2020
16 de noviembre de 2018

Trasladada unha muller de avanzada idade por intoxicación por fume nun incendio nunha vivenda en Ferrol

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Nov. (EUROPA PRESS) -

Unha muller de avanzada idade foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), por intoxicación por inhalación de fume debido ao incendio que se orixinou nunha tixola e que afectou á súa vivenda.

Así o informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, que tivo constancia do incendio a través da chamada dun veciño do inmoble ao redor das 15,00 horas, que comunicaba que precisaban axuda para acceder á vivenda, situada no número 31 da Avenida de Viveiro en Ferrol.

Os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ferrol, do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e de Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios evacuaron nunha ambulancia á muller e os membros dos bombeiros da cidade atallaron o lume.

Para leer más