A TVG busca chegar ao público máis xove e urbán da man de Carlos Blanco e Antón Reixa co talk show 'Somos unha potenzia'

Actualizado: viernes, 9 junio 2006 16:02

A cadea emitirá en 'prime time' 13 programas nos que haberá entrevistas, música e humor baixo a prespectiva da galeguidade

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Jun. (EUROPA PRESS) -

A TVG aposta por chegar ao público máis xove e urbán para incorporalo á súa audiencia e este verán emitirá 13 programas de 'Somos unha potenzia', un 'talk show' ideado pola parella artística que conforman o actor Carlos Blanco e o productor Antón Reixa. Tratase dun espazo de entrevistas, música e humor no que terán cabida os artistas galegos e que parte da idea dunha "galeguidade sen complexos".

Este novo 'light night' televisivo foi presentado hoxe, en Santiago de Compostela, polo director da TVG, Jesús Iglesias, o director e presentador de 'Somos unha potenzia', Carlos Blanco, e o productor executivo de Filmanova, Antón Reixa; que estiveron acompañados polo director de Programas da cadea, Eduardo Galán, e polo responsable de Produción, José Rey-Cabarcos.

'Somos unha potenzia', que comezará a emitirse a partir do 12 de xuño ás 23.00 horas, é un 'talk show' dirixido e presentado por Carlos Blanco, con entrevistas, música e humor, e cun fío conductor temático específico para cada programa. O director da TVG afirmou que este programa era "unha débeda" co actor --de quen dixo estivo "excluído" da cadea-- e salientou que a idea do mesmo "veuse redondeada por contar coa colaboración de Antón Reixa".

Segundo Iglesias, esta é "unha das apostas máis claras e seguras" da cadea para chegar a un novo público. Asemade, engadiu que xusto antes deste espazo programarase unha miniserie europea --'Dolmen'-- que convertirá ás noites do luns nunha oferta televisiva "diferente".

O director da TVG salientou que espera que Carlos Blanco "se sinta cómodo" neste programa e se convirta nalgo con continuidade no tempo, además de permitir á cadea pública galega que "pocou a pouco, dándolle tempo, poida acadar o perfil da audiencia esperado", que é o público xoven e urbán.

CONFIANZA NA CONTINUIDADE

Jesús Iglesias admitiu que noutras cadeas xa existen este tipo de programas, pero sinalou que lle corresponde á TVG "facelo distinto", para o que se recurrirá á "personalización" e á "proximidade". Engadiu que será a cadea a que "teña que aguantar ás tensións" e que haberá que "darlle tempo para que poida chegar ao público", mientras que o artista terá que ter "tranquilidade". Indicou que inicialmente están firmados 13 programas, pero que ten "confianza en poder asinar máis".

Este novo espazo televisivo, que terá unha duración aproximada de 75 minutos, contrá coas seccións 'Espía que algo queda', 'No sofá', 'Momento zapping', 'Desencontros', 'Desde O Mundo para Galicia', 'As Rumorosas', 'Casting de espías', 'Cinco Lobatos', 'Todo o que ven na rede é peixe' e 'Monólogo'.

O 'Somos unha potenzia' é unha idea orixinal de Carlos Blanco e de Antón Reixa, que corren coa dirección e a produción do mesmo, respectivamente. O productor galego agradeceu a "confianza" da TVG para este programa e o "talento" do presentador do mesmo para levar adiante 'Somos unha potenzia' desde a idea de "apostar por unha galeguidade sen complexos", pero sen perder a "ironía" e a "autocrítica".

Reixa salientou que este espazo televisivo "reivindica a palabra e a conversa intelixente", aínda que non se perde "o xogo audiovisual". Tamén aludiu ao "reto e aposta valente" da TVG por tentar chegar ao público xove e urbán con este programa, así como por afrontar "a travesía no deserto do cambio xeneracional" da súa audiencia.

IR INCORPORANDO PÚBLICO

Pola súa banda, Carlos Blanco recoñeceu que "lle deu moitas voltas ao de facer televisión", pero sinalou que aceptou "o reto" porque "foi durante anos crítico e agora toca que o sexan con nós". Recoñeceu que "non sabe con qué público conectará", pero dixo esperar que "se vaia incorporando" e considerou "fundamental chegar a un público urbano e xove". "Nos imos a por el", afirmou, ainda que dixo que non se esquecerán doutro tipo de espectadores.

O actor dixo estar "contento" por ter "un xoguete enorme" no que poder traballar "con toda a libertade". Asemade, marcou diferencias con outros programas semellantes nas cadeas estatais, como o de Buenafuente. Manifestou que "tirou de amigos" para que acudan ao programa, pero asegurou que non está pechado só a artistas galegos e que espera "ir abrindo o abano" de convidados unha vez que o espazo se coñeza.

Carlos Blanco salientou que será un programa "de tí a tí" e que espera "ir creando un xogo que envolva". Destacou que "é hora de se quitar complexos", aludiu a que buscará a participación dos artistas galegos, que na sección zapping "as outras televisións falarán galego" e que haberá "unha aposta polas mulleres". Tamén salientou que haberá unha sección con espías galegos que pertencen á 'ZIA', organización que é unh guiño á 'TIA' e á 'CIA'.

O actor explicou tamén que os primeiros programas están gravados, debido aos seus outros compromisos profesionales e á necesidade de ir rondado o espazo, mais admitiu que "a idea é ir ao directo".