Unhas xornadas abordarán mañá en Vigo o tratamento nos medios sobre a violencia contra as mulleres

Actualizado: viernes, 16 junio 2006 21:01

PONTEVEDRA, 16 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Casa Galega da Cultura, en Vigo, acollerá mañá a xornada titulada "A violencia contra as mulleres nos medios: comunicar máis aló do suceso", un obradoiro teórico e práctico que está organizado polo Grupo de Investigación CIDACOM da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo desta xornada profesional é "analizar a abordaxe informativa da violencia contra as mulleres", para o que a organización aposta polo "diálogo entre os medios e as fontes de información no eido da violencia". Os participantes debatirán sobre a adopción de estratexias que permitan "a mellora do seu tratamento".

O sexismo nos medios de comunicación, a aplicación de perspectivas de xénero á información e á comunicación, aspectos como o tratamento do suceso, a "espectacularización" da información, a reproducción de "estereotipos sexistas" ou o respecto ao anonimato serán algún dos temas que figuran no programa de actividades.