Unións Agrarias denuncia que os viticultores seguen sen cobrar o pactado pola colleita de 2005

Actualizado: lunes, 2 enero 2006 19:14

PONTEVEDRA 2, (EUROPA PRESS)

O secretario de gandeiría da Unión de Pequenos Agraricultores e presidente da Cámara Agraria de Pontevedra, Román Santalla, denuncio hoxe que os viticultores "están financiando coa uva vendida e sen cobrar as adegas que incumpren os acordos de prezos". Santalla involucra nestas acusacións ás entidades financeiras e caixas de aforros galegas con intereses en adegas privadas.

Román Santalla, que involucra nestas acusacións ás entidades financeiras e caixas de aforros galegas con intereses en adegas privadas, calificou de "inasumible e lamentable" esta situación, "despois de ter chegado a acordos". Por iso, instou á Consellería de Medio Rural a poñer fin a esta práctica para evitar "que a tomen polo pito do sereno".

O sindicato Unións Agrarias fixo un balance do ano 2005 marcado "por unha falta de prezos adaptados a estes tempos", o que segundo Román Santalla repercute nunha "perda de renta importante" para os agricultores e gandeiros. En canto ao 2006, o presidente da Cámara Agraria de Pontevedra afirma que "se afronta o ano con certa tranquilidade e normalidade" malia que "seque habendo falta de chuvia".

Precisamente, a sequía foi a causante dunha caída na produción durante 2005 da produción forraxeira. En canto á crise no sector avícola provocada pola gripe do polo, Román Santalla sinalou que grazas á "xestión interesante" de Unións Agrarias e do Ministerio de Agricultura "a situación está encamiñada", a expensas do que depare esta próxima primavera cando se repita o efecto migratorio das aves dende África a Europa.