Xosé Manuel Carril tomará mañá posesión do seu cargo como secretario xeral da Universidade da Coruña

Actualizado: martes, 10 enero 2006 19:57

A CORUÑA, 10 Ene. (EUROPA PRESS) -

O profesor titular de Dereito do Traballo e Seguridade Social Xosé Manuel Carril tomará mañá posesión do seu cargo como secretario xeral da Universidade da Coruña, nun acto que se celebrará ás 12 horas na sala de xuntas do reitorado e que estará presidido polo reitor, Xosé María Barja.

A ata agora responsable da Secretaría Xeral, Patricia Faraldo, deixa o seu cargo para adicarse en exclusiva ás súas tarefas docentes como profesora titular de Dereito Penal na Facultade de Dereito da Universidade coruñesa. Faraldo ten a intención de preparar as habilitacións a cátedra e potenciar a súa carreira investigadora.

Carril é autor de máis de medio centenar de publicacións en temas da súa especialidade e ten realizado estadías postdoutorais no Instituto de Dereito do Traballo da Facultade de Dereito da Universidade Católica de Lovaina (Bélxica) e na Facultade de Dereito da Universidade Católica de América de Washington (EEUU).