A Xunta premia en Curtas na Rede a sete participantes da provincia de A Coruña, catro de Pontevedra e a un ourensán

Actualizado: martes, 27 junio 2006 21:06

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Comunicación premiou hoxe, nun acto celebrado na capital galega, a cinco participantes da cidade de A Coruña e dous de Santiago de Compostela; a dous vigueses, un pontevedrés e un mariñense; e a un veciño da localidade de Ourense; na primeira convocatoria do concurso Curtas na Rede.

Deste xeito, na categoría de comunicación resultaron premiadas as curtas 'Iogures comunicantes' de Olaia Sendón (A Coruña), Bubble Boy, de Sara Prieto, de Oleiros (A Coruña); 'De palabras e xestos', de Pablo Penedo (A Coruña); que tamén recibiron unha dotación de 1.500 euros cada unha.

Ademais, as curtas 'O legado de Alfonso X', de Pablo Penedo e 'De aldeáns', de Eduardo Pérez, de Vigo, foron premiadas na categoría de promoción da lingua galega con outros 1.500 euros cada unha; mentres que na categoría de creatividade e orixinalidade, recibiu a curtametraxe 'Conxuro', de Pablo Millán, de A Coruña, pola súa "arriscada proposta".

Os accésits ás curtametraxes foron para as curtametraxes 'Curriculum Vitae', de Fernando Pazos, de Marín (Pontevedra); 'Inspiración', de Pilar Gurriarán, de Madrid; 'Cu, cú', de Diego Valiño, de Santiago; e 'A tapa de Werner Heisenberg', de Yolanda Campo, tamén de Compostela.

Por último, o premio á curtametraxe máis votada a través de Internet foi para a curta 'Lémbrate cando', de Miguel Puig, veciño de Pontevedra. Ademais, entregouse o 'Premio Entra e Navega', que se sorteou entre todos os votantes que participaron no concurso, valorado en 300 euros, e que recaeu en Celia Méndez, de Vigo.

O concurso naceu coa pretensión de servir de escaparate da creación audiovisual galega e promocionar o uso de Internet como espazo para a creación e para a comunicación. No certame, establecéranse tres categorías por idades, entre 15 e 22 anos, de 23 a 50, e de 51 anos en diante.