A Xunta reitera que reaccionou de xeito "adecuado" para instar ao Concello de A Coruña a utilizar o topónimo oficial

Actualizado: jueves, 22 junio 2006 22:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Jun. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral da Consellería de Presidencia, Santiago Rouro, reiterou hoxe que a Xunta reaccionou de xeito "adecuado" para instar ao Concello de A Coruña a utilizar o topónimo oficial en galego da cidade, tras o acordo municipal de novembro de 2004, no que se reiteraba o mantemento da denominación 'La Coruña'.

En resposta a unha pregunta do BNG na comisión de Cultura e Educación, Roura puntualizou hoxe que o Goberno galego actuou adecuadamente ante os casos "graves" do incumprimento da toponimia, como foi o do concello coruñés.

Así, lembrou que tras esta decisión municipal, a Xunta iniciou os trámites legalmente previstos para instar ao goberno que entón dirixía Francisco Vázquez a que "anulase" este acordo.

Como non houbo resposta, o Executivo autonómico denunciou ao Concello de A Coruña por incumplimento da legalidade en materia de toponimia, recurso que foi resolto ao seu favor, como tamén o foi o recurso presentado novamente polo concello coruñés ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Ademáis deste caso, a Xunta tamén salientou que houbo outros concellos que tamén incumpliron a toponimia oficial, como foi o de Vilalba (Lugo). "Pero foron resolvendose todos de xeito favorable", aclarou Rouro quen suliñou que a Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo en marcha un proxecto para recuperar a "microtoponimia" porque "é a toponimia que está en maior risco de desaparecer".

Pola súa banda, o deputado nacionalista Bieito Lobeira lembrou o comportamento do ex alcalde coruñés que calificou de "prevaricación e, mesmo, desacato", por ter incumplido "sistemáticamente" distintas sentencias xudicias. Ademáis, denunciou os "miles de euros" gastados nestes procesos.